ITINERARIO

A nova Estratexia do Turismo de Galicia busca ser un reflexo do dinamismo actual do sector e dar como resultado un documento cun enfoque cuantitativo, actualizando os principais indicadores, e tamén cualitativo, co selo inequívoco de expertos en distintas ramas do turismo. Todo isto sen deixar de lado as últimas tendencias en produtos e hábitos de consumo.

fases

ITINERARIO DA ESTRATEXIA

Grafico-2-01
Diagnose

O punto de partida é un proceso de diagnose realizado a partires da análise de:

Contorna: evolución e tendencias do turismo a nivel mundial, europeo e nacional; análise das políticas públicas; accesibilidade no destino; sistemas de información turística.

Oferta: recursos turísticos; análise territorial; infraestruturas; recursos humanos; produtos turísticos estrela.

Demanda: mercados; clientes; competidores; posicionamento; vías de comercialización e promoción.

O froito deste traballo é o primeiro DAFO, cuxas conclusións permiten identificar aspectos chave que se cotexarán nas mesas de participación de diagnose

Deseño

A diagnose estratéxica final permite definir misión e obxectivos, así como artellar os grandes eixos ou estratexias sobre os que pivota a Estratexia do Turismo de Galicia. A determinación das liñas operativas é posible grazas ás mesas de participación de acción

Validación

A definición dos indicadores precisos e a elaboración dun cadro de mando integral permiten que se poida levar a cabo o seguimento, control e avaliación periódicos que permitirán no futuro comprobar que o proceso sigue a folla de ruta marcada.

logos-01