ESTRATEXIA DO TURISMO DE GALICIA 2017-2020

Coliderada pola Axencia de Turismo de Galicia e o Clúster de Turismo de Galicia, e coa aportación das tres universidades presentes no noso territorio e de axentes de distintos ámbitos da cadea de valor do sector turístico galego, a nova Estratexia do Turismo de Galicia pretende plasmar o marco de traballo en materia turística para o periodo 2017-2020 nun documento solvente e rigoroso, incentivando a presenza e participación de tódolos actores implicados.

A Estratexia do Turismo de Galicia nace da necesidade de mellora da competitividade do noso turismo, o cal pretende posicionarse como sector clave da economía galega, sendo precisa a colaboración dos eidos público e privado para o seu impulso, coordinación, xestión, promoción, ordenación, innovación e internacionalización.

Grafico-1-01

OBXECTIVOS DA ESTRATEXIA DO TURISMO DE GALICIA

Potenciar a marca Galicia como destino turístico DIFERENCIADO a nivel global

Situar o turismo como PRIORIDADE dos distintos axentes públicos e privados

Establecer unha estratexia INTEGRAL (prestando atención a tódolos territorios de Galicia) e INTEGRADORA (establecendo interconexións con outros sectores de maneira directa e/ou indirecta)

Establecer unha estratexia DINÁMICA (velando constantemente pola súa correcta implantación) e DINAMIZADORA (dando cabida no seu deseño ó espectro máis amplo posible de axentes en contacto co sector)

CONCRETAR economicamente as liñas de actuación

Establecer un SISTEMA DE AVALIACIÓN que permita velar polo correcto cumprimento das acción previstas no plan.

logos-01